Sobre este blogue


 O meu nome é Basi, son de Lugo e mestre de educación infantil. Levo doce anos traballando como mestre nesta etapa e dende fai oito traballo no colexio público de Ortigueira, precioso pobo onde vivo.  

Neste blogue atoparedes as miñas ideas, soños, cabreos, anhelos, frustracións, desexos, reflexións... Porqué? Por que é necesario falar de educación, por que as cousas teñen e están a cambiar, por que xa está ben de ocultar as grandes cousas que se fan na escola pública, por que temos que comezar a valorar á nosa profesión, por que non podemos esperar máis tempo a que os políticos cambien as cousas, o cambio en educación ten que vir de abaixo cara arriba e  por que en educación temos que visualizar as Comunidades de Cambio e contar o que facemos nas nosas aulas moitos mestres aos que nos gusta o noso traballo. 

Non son un gurú da educación, nin un super mestre, nin alguén que marque tendencia. Son un profe que se deita cada noite reflexionado sobre o que fixo ese día e pensando o que fará á mañá seguinte. Son un profe que ano a ano, intenta mellorar a súa práctica educativa e son unha persoa que sigue querendo cambiar o mundo e que a forza de golpes entendeu que pequenas accións cambian as cousas.

Espero que vos guste!!!!!

1 comentario:

Unknown dijo...

Me parece genial!! ;-)