Os meus libros de cabeceira

Hai libros que marcan a vida dun profe. Hai libros que dun xeito ou doutro modifican o teu xeito de ver as cousas, e polo tanto cambian o teu facer. Outros amplian a túa visión sobre as cousas e axúdanche a entender outras realidades. De seguido, enumero os meus libros de cabeceira uns guían a miña práctica diaria e outros axúdanme a seguir motivado.


Elogio de la educación lentaO seu autor é Joan Doménech. Cercano, directo, inspirador e moi centrado nos problemas actuais, desenvolve a idea de cómo a sociedade actual, competitiva e sen escrúpulos, inflúe no sistema educativo plantexando uns temarios non só superextensos senón non adaptados en ocasións, á idade e ao nivel evolutivo dos nen@s. Outro mal do que adoece o noso sistema educativo e que Doménech sinala no seu libro é a aceleración de procesos vitais e de aprendizaxe como sucede coa lectoescritura na etapa de educación infantil.



La ética en el pensamiento y la obra pedagógica de Loris Malaguzzi: Intentei rematalo dúas veces e sempre puido conmigo pero hai algo nel que me entusiasma. Alfredo Hoyuelos foi alumno de Loris Malaguzzi fundador e iniciador de la metodología educativa de las Reggio Emilia. É un libro pero que merece a pena.


El primer septenio: Outra das xoias da coroa. Un libro de Rudolf Steiner pedagogo fundador da pedagoxía Waldorf. A miña irmá traballa na escola Meniñeiros de Friol (Lugo) e por iso teño acceso a esta bibliografía. Aínda que é unha visión moi diferente da evolución do nenos de 0-7, sen dúbida amplia a visión de calquera mestre.


Rincón a rincón: Sen dúbida é o libro que máis consulto. Grazas a él, comprendín o que son realmente os recunchos: como organizalos, preparalos e como planificar propostas para os meus pícaros. O libro primeiro explica o funcionamento dos recunchos e despois desglosa un a un cada u dos recunchos máis típicos das clases: plástica, experimentos, matemáticas, xogo simbólico... Unha marabilla!!!!!


Matemáticas activas: Este libro cambiou a miña visión das matemáticas na educación infantil. Cando comezas nisto, todo o baseas en aprender 1,2,3... ou traballar as formas coma si os nen@s foron idiotas. Con este libro entendes a importancia de aprender matemáticas facendo, medindo, saltando, unindo, clasificando, seriando pero sempre cun sentido.


Psicoanálisis de los cuentos de hadas: Clásico entre os clásicos. Defende a ultranza importancia dos contos de fadas. Fai moito tempo que o lín, é un libro moi denso e complexo que de seguro non te deica indiferente.


El aprendizaje de la lectoescritura desde una perspectiva cosntructivista. Foi en Madrid cando tomei contacto coa aprendizaxe da lectoescritura dende unha perspectiva constructivista. Dende aquela pasaron moitos anos e este libro e o volume II son sen dúbida dous libros superprácticos que aportan moitas ideas.


Hijos en Libertad: Si tropezase cunha lámpara marabillosa e puidese pedir un desexo de mestre, sería retroceder no tempo e vivir un ano en Dorset (Inglaterra) e coñecer de cerca a este pedagogo. Teño que ser sincero, non creo que se vexa nada da súa influencia nas miñas clases, pero sen dúbida é das pedagoxías que máis me inspiran.


Jugar, cantar y contar: Este libro leva conmigo dende o inicio. Fai pouco regaleillo a unha amiga miña que tamén é mestra. É un tesouro, unha marabilla que sempre atoparás na miña clase.

No hay comentarios: